Mesoamérica

Mesoamérica

Rexión americana integrada polo territorio comprendido entre o río Sinaloa e as concas do Lerma e Soto de la Marina en México, ata o río Ulúa no Golfo de Honduras e Punta Arenas, en Costa Rica. O termo foi acuñado en 1943 por Paul Kirchhof para designar un contexto cultural, histórico e xeográfico en que se desenvolveron importantes civilizacións precolombinas (olmeca, tolteca, zapoteza, azteca e maia), cunha orixe cultural común que compartía características básicas, como a concepción do Universo e do tempo, as prácticas relixiosas, ou a estratificación social.