mesozoo -a
mesozoo -a
(< meso- + gr ζωον ‘animal’)
-
adx
Relativo ou pertencente aos mesozoos.
-
s
m
[ZOOL]
Animal do grupo dos mesozoos.
-
s
m pl
[ZOOL]
Grupo de animais de pequenas dimensións, endoparasitos de invertebrados mariños e constituídos por un número moi pequeno de células. A súa estrutura xeral componse dunha capa celular externa e un grupo de células internas que orixinan os gametos, non hai polo tanto unha auténtica organización en tecidos. Presentan alternancia de xeracións sexual e asexual e comprende os filos dos rombozoos e dos ortonéctidos.