mesozoo -a

mesozoo -a

(< meso- + gr ζωον ‘animal’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos mesozoos.

  2. s m [ZOOL]

    Animal do grupo dos mesozoos.

  3. s m pl [ZOOL]

    Grupo de animais de pequenas dimensións, endoparasitos de invertebrados mariños e constituídos por un número moi pequeno de células. A súa estrutura xeral componse dunha capa celular externa e un grupo de células internas que orixinan os gametos, non hai polo tanto unha auténtica organización en tecidos. Presentan alternancia de xeracións sexual e asexual e comprende os filos dos rombozoos e dos ortonéctidos.

Palabras veciñas

Mesozoico | mesozoico -ca | mesozona | mesozoo -a | mesquindade | mesquiño -ña | mesquita