mesquita

mesquita

(< ár hispánico másǧid < ár clásico masğid ‘lugar de culto’)

s f [ARTE/RELIX]

Edificio destinado á oración dos fieis no Islam, aínda que naceu como lugar de reunión. A súa estrutura arquitectónica deriva da casa de Mahoma en Medina. Ten plano rectangular e consta dun patio porticado e a ceo aberto, sahn, en que se atopa a fonte das ablucións, mī Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḋ a’, e dunha zona cuberta estruturada en naves transversais separada por columnas ou piares, o haram. Esta sala está pechada polo costado oposto á porta pola alquibla, parede en que se abre unha capela ou fornela, o mi Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ rāb, diante do que se sitúa un palco elevado, a maq Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ ūra, xunto ao que se atopa o púlpito ou minbar. Na época omeia engadiuse unha torre no patio, o alminar ou minarete. En Magreb e en Al-Andalus o haram pode presentar planta basilical. A mesquita principal dunha poboación é a alxama.

Formas incorrectas

mezquita