mesquindade
mesquindade
(< mesquiño)
-
s
f
Calidade de mesquiño.
Ex: Nunca pensei que nel había tanta mesquindade.
-
s
f
Cousa ou acción mesquiña.
Ex: Estas mesquindades só as pode facer unha persoa coma ela.
Refráns
- A escudeiro mesquiño, rapaz adiviño.
- Cando aquí non esteades, comigo comeredes.
- Con auga e con aire non convides a naide.
- Home mesquiño, despois de comer ten frio.
- Negra é a cea na casa anea, pero inda é máis negra para quen dá a cea.
- O cabalo do mesquiño: farto de auga, mal mantido e ben corrido.
- O fillo do mesquiño, pouco pan e moito vicio.
- Ó home mesquiño abóndalle un fouciño.
- O home mesquiño non colle forzas con pan nin con viño.
- O home mesquiño, despois de comer, ten frío.
- Quen ao sementar é mesquiño, para a seitura escusa fouciño.
- Quen non dá do seu viño, non queira catar o do veciño.
- Quen non sementa, non coneita.
- Quen non sementa, non sega.
- Quen pouco sementa pouco colleita.
- Se na sementeira es mesquiño, para a seitura escusas fouciño.
- Tarde dá quen agarda a que lle pidan.
- Toma un ovo e énchete.