mesquiño -ña
mesquiño -ña
(< ár miskīn ‘pobre, desgraciado’)
-
adx e s
Que ou quen non ten nobreza nin xenerosidade.
Ex: Dunha persoa mesquiña coma el non esperes nada. O mesquiño non a acolleu na súa casa.
-
adx e s
Que ou quen escatima no que gasta ou no que dá.
Ex: Hai que ser unha persoa moi mesquiña para aforrar en comida. Sempre foi un mesquiño, por aforrar só comía unha vez ao día.
-
adx
Que é pobre ou ten falta do necesario.
Ex: Co novo traballo mellorou a vida mesquiña que levaba.
-
adx
Que é insuficiente ou pouco abundante.
Ex: Danlle unha axuda mesquiña, non lle chega a nada.
Refráns
- Morre de sede o mesquiño e está no medio do río.
- Na casa do mesquiño, cando hai para pan, non hai para viño.