mestre -tra
(< lat magistru)
-
s
-
Persoa que, con título oficial, exerce o ensino primario, anterior ao secundario ou bacharelato.
Ex: Foi mestra de escola durante trinta anos.
-
Persoa que, con ou sen título oficial ensina unha materia.
Ex: O mestre de clases particulares non veu esta semana.
-
Persoa ou cousa que serve de lección ou ensino e da que se aprende moito e bo. Na tradición oral recóllense ditos como: “A mellor mestra é a experiencia”.
Ex: O mellor mestre que tivo foi a vida e as miserias que pasou.
-
Persoa de gran sabedoría ou habilidade nunha ciencia ou arte ou nalgún aspecto da vida. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ninguén naceu sendo un mestre”.
Ex: Era un verdadeiro mestre na arte do engano.
-
Persoa que chegou ao grao máximo no seu oficio.
Ex: Temos que estudar os grandes mestres da pintura.
-
-
s
[HIST]
Grao superior da organización gremial (ss XIII-XIX), ao que se chegaba despois duns anos de aprendizaxe, de oficialidade e da realización dun exame rigoroso. Confería a plenitude de dereitos económicos e sociais, aínda que existía unha diversidade de situacións económicas que se dividían entre os mestres que eran realmente independentes, un grupo reducido e minoritario que gobernaba os gremios; os mestres formalmente independentes que se atopaban sometidos a colegas máis ricos, ou a mercadores, e os mestres dependentes que traballaban a xornal, e que constituían probablemente, a metade dos agremiados.
-
-
s
m
[RELIX]
Nome dado a Xesús Cristo polos seus discípulos no Novo Testamento.
-
s
m
[RELIX/HIST]
Título dado antigamente aos eclesiásticos, en especial aos dominicanos, que obtiveran o grao supremo en calquera das facultades de Filosofía, Teoloxía ou Dereito. Tamén equivalía a doutor.
-
mestre de novizos
[RELIX]
Persoa que dirixe e ensina aos novizos dunha comunidade relixiosa.
-
s
m
[RELIX]
-
-
s
Título dado a certas xerarquías.
-
s
[BÉL]
Superior dunha orde militar.
-
s
[MAR]
Persoa que manda nunha embarcación.
-
gran mestre
Título dado ao cabeza de cada loxia entre os francmasóns.
-
mestre de campo
[BÉL]
Oficial maior dun terzo ou rexemento, unidade creada en 1534.
-
s
-
[MÚS]
-
s
Persoa que compón música.
-
s
Director de orquestra.
-
mestre de capela
Director dun grupo de músicos dunha igrexa ou catedral.
-
s
-
adx
-
Que está moi ben feito ou que é da máxima calidade.
Ex: A editorial sacou ao mercado a tradución de obras mestras da literatura inglesa e francesa.
-
Que posúe unha calidade especial ou principal sobre os seus semellantes.
Ex: A viga mestra acabou cedendo por mor da humidade.
-
-
mestre da Fala
[LIT]
Título outorgado polas Irmandades da Fala, coa finalidade de fomentar a escritura en galego. Outorgábase, nun acto que se celebraba cada seis meses, ao mellor traballo presentado polos socios.
-
mestre de armas
[DEP/BÉL]
Persoa que ensina esgrima.
-
mestre de cerimonias
Persoa encargada, nas recepcións ou funcións rituais, de introducir as persoas e de facer que se cumpran as partes do rito ou cerimonia.
-
mestre de obras
[CONSTR]
Profesional que baixo a dirección dun arquitecto ou similar, dirixe aos obreiros e as manobras.
-
mestre en artes
[ARTE]
Grao académico que podía obter, despois dun exame previo, o bacharel en artes ou o licenciado en Arte. Este título permitía dedicarse ao ensino ou ingresar nas facultades superiores.
Refráns
- Cada mestriño ten o seu libriño.
- Costumes de malos mestres sacan fillos entrebertes e rebertes.