Metallica
Metallica
[MÚS]
Grupo de heavy metal estadounidense formado nos primeiros anos da década de 1980 por Lars Ulrich, James Hetfield, Kirk Hammett e Cliff Burton. Comezou cunha música con trazos de trash metal nos seus primeiros traballos para evolucionar cara a sons menos duros a partir de Load (1996). Da súa discografía destacan Kill ‘Em All (1983), Ride the Lightning (1984), Master of Puppets (1986),...And Justice for All (1989), The Black Album (1991), Reload (1997) e St. Anger (2003).