metaloceno

metaloceno
s m [QUÍM]

Nome xenérico dos complexos formados por algúns compostos orgánicos non saturados con metais de transición. Son moi estables e caracterízanse por unha estrutura denominada de sandwich. O máis importante é o ferroceno.