metalografía
(< metalo- + -grafía)
-
s
f
[FÍS]
Ciencia que estuda a constitución e a estrutura dos metais e as súas aliaxes. A metalografía clásica comprende a análise térmica, a metalografía macroscópica ou macrografía e a metalografía microscópica ou micrografía. A análise térmica ten por finalidade seguir a evolución da estrutura das aliaxes coa temperatura e detectar as transformacións e as súas caracteríticas de velocidade, intensidade e histérese. Distínguense diferentes campos de análise térmica: a análise dilatométrica ou variación do coeficiente de dilatación coa temperatura, a análise termomagnetométrica ou variación da permeabilidade magnética coa temperatura, a análise da termorresistividade ou variación do coeficiente de resistividade coa temperatura e a análise termoeléctrica ou variación do poder termoeléctrico coa temperatura. A macrografía estuda a superficie dos metais a simple vista ou coa axuda dun instrumento óptico de poucos aumentos. A micrografía estuda os produtos metalúrxicos mediante o exame, ao microscopio metalográfico, de superficies. As metalografías especiais estudan os metais coa axuda do microscopio electrónico e do microscopio de emisión, a metalografía por difracción de raios X e a análise espectrométrica.
-
s
f
[GRÁF]
Proceso litográfico que se realiza sobre un metal.