metonimia

metonimia

(< lat metonymĭa < grμετωνυμία ‘recibir xuntamente’)

s f [LIT]

Tropo que consiste en tomar “a parte polo todo”, isto é, en designar ou substituír unha cousa co nome doutra coa que mantén algunha relación, en virtude da que se poden determinar varios tipos de metonimias: a) O autor pola obra (leu a Cunqueiro -os libros de Cunqueiro-; ten un Laxeiro -un cadro de Laxeiro-); b) O posuidor polo posuído, ou viceversa (vai no mecánico -no taller do mecánico-); c) A causa polo efecto (vive do seu traballo -do que gaña co seu traballo-); d) O lugar de procedencia polo produto (gústalle o porto -viño de Porto); e) O continente polo contido (tómalle un vaso -un vaso de viño-); f) A materia polo obxecto (colecciona porcelanas -figuras de porcelana); g) O instrumento pola causa activa (é un magnífico violín -violinista-); etc.

Confrontacións

sinécdoque

Palabras veciñas

Metón | Metón, ciclo de | metónico -ca | metonimia | metonímico -ca | metonomasia | métopa