métopa
métopa
(< lat metŏpa < gr μετόπη)
s
f
[ARQUIT]
Espazo ou porción de muro, diante do epistilo, que no friso dórico está comprendida entre dúas aberturas para a inserción dos tríglifos. Ao principio facíanse de mármore ou de barro e eran pintadas de cor vermella ou turquesa, pero posteriormente foron esculpidas con recheos alusivos a escenas mitolóxicas. Das métopas máis antigas destacan as dalgúns templos da Tróade e Selinonte (ss VII-V a C), as do templo de Zeus en Olimpia e as que ornamentaban o Partenón.