1 metro
(< gr μέτρου ‘medida’)
-
[METROL]
-
s
m
Unidade do SI de lonxitude igual á lonxitude do traxecto que percorre un feixe de luz polo baleiro durante 1/299792458 segundos. Esta definición, que foi decidida pola 17ª Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (outubro 1983), substitúe a todas as dadas anteriormente. A orixe do metro remóntase á decisión que tomou en 1790 a Asemblea Nacional Francesa en París de establecer unha norma práctica e segura para as lonxitudes e os pesos que, para que se correspondese a unha magnitude característica e invariable propia da natureza, se fixou como a dez millonésima parte dun cuadrante do meridiano terrestre. A esta primeira definición seguíronlle a da 1ª Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (1889), segundo a que o metro era a distancia, a 0°C, entre dúas marcas trazadas nunha barra de platino-iridio, que se conserva no Bureau Internacional des Poids et Mesures en Sèvres (Francia), denominada metro ou metro prototipo internacional; ou a da 11ª Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (1960) en que se definiu como a lonxitude igual a 1650763,73 veces a lonxitude de onda, no baleiro, da radiación correspondente á transición entre os niveis 2p 10 e 5d 5 do átomo cripton 86.
-
s
m
Instrumento de medida de lonxitude que ten un metro ou máis de longo e leva marcada a división en decímetros, centímetros e milímetros.
-
metro cadrado [m 2 ]
Unidade de superficie do SI que equivale á área dun cadrado regular, cun lado dun metro de lonxitude.
-
metro cúbico [m 3 ]
Unidade de volume do SI que equivale ao volume dun hexaedro regular cunha aresta dun metro de lonxitude.
-
s
m
-
s
m
[LIT]
Combinación de sílabas e acentos na estrutura dun verso.