Metternich, Klemens Wenzel Nepomuk Lothar von
Metternich, Klemens Wenzel Nepomuk Lothar von
Estadista alemán. Naturalizado austríaco, foi conde e príncipe de Metternich-Winneburg (1806). Estudou en Estrasburgo (1788-1790) e entrou ao servizo da diplomacia austríaca a partir de 1790. Despois da derrota fronte a Francia, foi chanceler e adoptou unha política conciliadora respecto a Napoleón. Restableceu o poder austríaco en Italia e Alemaña e impuxo un novo equilibrio político europeo no Congreso de Viena (1814-1815). Por medio da Cuádrupla Alianza, tentou opoñerse aos principios da liberdade e autodeterminación dos pobos. A insurrección de Viena de 1848 obrigouno a dimitir.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Koblenz -
Deceso
Lugar : Viena