Meuci, Antonio
Meuci, Antonio
Enxeñeiro e inventor italiano. Estudou enxeñaría mecánica en Florencia, e en 1830 viaxou a Cuba, onde descubriu que a voz podía viaxar mediante pulos eléctricos a través dun cable; posteriormente, en 1850 viaxou a Nova York para tratar de desenvolver esta tecnoloxía. En 1860 conseguiu conectar a súa oficina co dormitorio da súa muller. En 1871 intentou patentar o invento pero non puido por carecer de cartos, e posteriormente mantivo unha loita xudicial con Graham Bell, que o patentou en 1876. En 2002 foille recoñecido o seu mérito como inventor do teléfono. Entre outros obxectos, tamén inventou filtros para depurar a auga e ideou novas técnicas para dourar marcos.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Florencia -
Deceso
Lugar : Nova York