Mexicali
Mexicali
Capital do estado de Baixa California Norte, México (764.602 h [2000]). É un importante centro agrícola, con cultivos de algodón, cereais, hortalizas e froitas. Destacan as industrias de transformados agrícolas, a química e a siderúrxica.