Miaja Menant, José

Miaja Menant, José

Militar. Participou nas campañas de Marrocos e en 1932 converteuse en xeneral. Cando comezou a Guerra Civil Española (1936-1939), uniuse ao bando republicano. Foi nomeado presidente da Junta de Defensa de Madrid (novembro de 1936), xefe dos exércitos do centro (febreiro de 1937) e da zona centro-sur (abril de 1938). Aceptou a presidencia do Consejo Nacional de Defensa despois do golpe de S. Casado e tras o remate da contenda tivo que exiliarse a México.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Oviedo

  • Deceso

    Lugar : México