micetoma

micetoma

(< micet- + -oma)

  1. s m [PAT]

    Tumefacción inflamatoria supurativa, de evolución crónica, producida pola proliferación dun fungo parasito e caracterizado pola presenza duns grans negros, vermellos ou amarelos, formados por un filtro de filamentos micelianos, que se poden eliminar por traxectos fistulosos.

  2. s m [ENTOM]

    Órgano que posúen algúns insectos e que empregan para albergar certos microorganismos. Son os cegos intestinais ou os tubos de Malpighi, e poden formar estruturas asociadas á cavidade bucal.