micoplasmatal

micoplasmatal

(< lat científico Mycoplasma)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás micoplasmatais.

  2. s f [MONERA]

    Bacteria da orde das micoplasmatais.

  3. s f pl [MONERA]

    Orde de bacterias, da clase das mollicutas, que comprende individuos inmóbiles, extremadamente pleomórficos polo feito de non ter parede celular ríxida. Reprodúcense mediante gonidios denominados corpúsculos elementais, que son filtrables. Precisan numerosos factores de crecemento para o seu desenvolvemento. Son axentes de diversas enfermidades.

Palabras veciñas

miconazol | micoplasma | micoplasmatáceo -a | micoplasmatal | micoplasmose | micorrícico -ca | micorriza