microonda

microonda

(< micro- + onda)

s f [FÍS]

Onda electromagnética cun espectro de frecuencias comprendido entre 1 e 30 GHz, que se corresponde con lonxitudes de onda entre 30 e 1 cm. A miúdo tamén se inclúe nesta definición ondas con frecuencias máis elevadas. As microondas poden ser xeradas mediante tubos de baleiro ou dispositivos semicondutores, para os que se idearon tubos especiais, como son os cistróns, os magnetróns ou os osciladores de onda progresiva. Pero coa evolución constante dos dispositivos activos de estado sólido, disponse de transistores e doutros dipositivos semicondutores para xerar microondas. Fálase de dúas familias diferentes: os dispositivos electrónicos transferidos (TED), entre os que están os díodos Gunn e os dispositivos de acumulación de carga espacial limitada (LSA), e os dispositivos de avalancha (IMPATT, TRAPATT). As microondas teñen aplicacións en detección de obxectos por radar, nas comunicacións e tamén se utilizan para quentar.