microordenador

microordenador

(< micro- + ordenador)

s m [INFORM]

Ordenador que, polo pouco espazo que ocupa e polo seu baixo prezo, permite realizar e resolver aplicacións que antes precisaban dun ordenador de medida estándar ou un terminal conectado a un ordenador máis potente. Adoitan ter unha maquinaria compacta, usar linguaxes interactivas e ir acompañados de programas específicos con aplicacións, polo xeral subministradas por empresas especializadas. Normalmente están formados por unha unidade central, a memoria principal e a memoria auxiliar. Tamén posúen un sistema para rexistrar datos e programas (unidades de disco). Aínda que os primeiros modelos apareceron a principios da década de 1970, o primeiro que se considera como tal foi o PC de IBM, que apareceu en 1981. O PC evolucionou co modelo XT, que incluíu o disco duro. En 1984 apareceu o modelo AT, que incorporaba o microprocesador 80 286, con notables avances. Todos estes aparatos funcionaban co sistema operativo MS-DOS, desenvolvido por Microsoft, que é o sistema universal dos microordenadores. Ademais dos compatibles, existen dous estándar máis, o PS/2 de IBM, lanzado en 1987, co sistema operativo OS/2, e o Macintosh de Apple, lanzado en 1984, cun sistema operativo propio diferente.

Palabras veciñas

micronúcleo | microonda | microondas | microordenador | microorganismo | micropaleontoloxía | micropertita