microsuco

microsuco

(< micro- + suco)

  1. s m [TECNOL/MÚS]

    Suco, de menos de 1 mm de ancho, que levan os discos fonográficos (de 33 e 45 rpm), e que permite conseguir unha duración do programa rexistrado maior ca nos discos primitivos (de 78 rpm).

  2. s m [TECNOL/MÚS]

    Disco provisto de microsucos que foron ideados en 1948 e que xiran a unha velocidade de 33 1/3 ou de 45 rpm. Debido á pequena anchura do suco, caben unhas 100 espiras por cm de raio, conseguíndose unha audición de aproximadamente 30 minutos por cara nos discos de 30 cm de diámetro e 33 1/3 rpm.