micrótomo

micrótomo

(< micro- + -tomo)

s m [BIOL]

Aparato que se emprega para facer cortes moi finos e regulares de tecidos vexetais ou animais para a elaboración de preparacións microscópicas. O micrótomo de caracol ou manual emprégase principalmente para cortar tecidos vexetais. Os micrótomos universais son de precisión e máis complexos e variados, e o material debe ser incluído previamente en parafina, celoidina ou calquera outra substancia plástica. O micrótomo de conxelación emprégase para cortar material conxelado. A microscopia electrónica esixe o uso dun aparato de alta precisión, denominado ultramicrótomo.

Palabras veciñas

microsuco | microteléfono | micrótino -na | micrótomo | microtrón | microtúbulo | Microtus