mitófido -da

mitófido -da

(< lat científico Myctophum)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos mitófidos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos mitófidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Familia de peixes, da orde dos mitofiformes, que posúen escamas cicloides e a aleta anal orixínase case inmediatamente despois do remate da aleta dorsal. De distribución global, son mariños e inclúense nesta familia uns 32 xéneros. A maioría presentan migración diurna, existindo un pico de abundancia entre os 300 e 1.200 m durante o día e os 10 e 100 m durante a noite.

Palabras veciñas

Mito | mitocondria | mitocondrial | mitófido -da | mitofiforme | mitogonía | mitografía