mitocondria

mitocondria

(< gr μίτοV ‘fío’ + κὀνδροV ‘gránulo’)

s f [BIOL]

Orgánulo citoplasmático granular de forma esférica ou alongada, duns 10 μ de longo e de 1,5 μ de diámetro, que está presente en todas as células eucariotas. Ten unha dobre membrana, de estrutura semellante á membrana plasmática, de natureza fosfoglicoproteica. A membrana externa é lisa e moi permeable, separada por un espazo da membrana interna, que se invaxina en numerosos lugares, formando as denominadas cristas mitocondriais, que penetran profundamente na matriz mitocondrial. No seu interior teñen lugar diversas reaccións enzimáticas: o ciclo de Krebs, a cadea respiratoria, a fosforilación oxidativa e a β-oxidación dos ácidos graxos. Tamén hai na matriz mitocondrial ribosomas e fragmentos de ARN e ADN, que se cre poden constituír un sistema xenético autónomo respecto ao nuclear.

Palabras veciñas

Mitla | mito | Mito | mitocondria | mitocondrial | mitófido -da | mitofiforme