mito
(< gr μῦϴοV)
-
s
m
[FILOS/RELIX]
Ditos ou narracións, entre outros, fabulosos e xeralmente contrapostos a calquera tipo de formulación razoable e demostrada, empregados sobre todo para reflectir convicións filosóficas, cosmovisionais ou relixiosas. A palabra designa o resultado do feito de dicir, razoar ou contar. No senso de cousa dita, oponse á acción, actividade ou traballo, xa desde os poemas homéricos. Como resultado do feito de razoar fai referencia á verba falada, oposta á verba escrita. Cabe situar no s V a C o momento característico desta oposición. Finalmente, como relato (narración e fabulación) pode opoñerse, culminando o proceso anterior, ao logos, entendido como o resultado dunha formulación razoada e demostrada. Máis adiante os cristiáns opuxeron os mitos, que consideraban inventados polo home, á súa historia sagrada. As primeiras apoloxías xa manifestaban un menosprezo non disimulado polos antigos relatos que constituíran o núcleo fundamental da relixión grega. O recurso á alegoría como interpretación foi unha das respostas a esta situación, e os mesmos cristiáns aplicárona a miúdo aos que, en definitiva, eran tamén mitos, os discursos tradicionais da súa relixión. Nun principio, a literatura semellaba ser lembranza dunhas orixes exemplares e modélicas e memoria que salvaba da morte e do esquecemento. Os seus contidos eran, nese momento, mitos, e a súa conservación e repetición por medio da palabra, e da imitación en teatro, podía considerarse ritual, un feito relixioso. A creación de mitos responde a unha esixencia connatural humano-social, con vista non só a expresar plástica e dramaticamente o destino do home no mundo e as formas de acadalo, senón tamén a manter ou xustificar a orde da realidade e da sociedade. Sen dúbida, cando o mito é interpretado como a verdade obxectivo-existencial, torna en mitoloxía.
-
s
m
-
Cousa fabulosa inventada por alguén.
-
Idea ou figura presentada como intocable ou absoluta.
-
-
mito da caverna
[FILOS]
Alegoría de Platón, no libro VII da República, en que a condición humana se compara coa dun prisioneiro encadeado dentro dunha caverna, de costas á luz, e que non pode mirar as cousas reais, soamente as sombras proxectadas na parede que para el son a realidade mesma. Só o filósofo é capaz de liberarse desa ilusión. A alegoría da caverna constituíu para Platón o punto de partida que o leva á idea de que a educación debe orientar aos seres humanos a contemplar a verdadeira realidade e, en último termo, a idea do Ben.