Midlands

Midlands

Rexión de Reino Unido, no centro de Inglaterra, situada ao S dos contrafortes meridionais da cadea Penina, entre Gales e a costa oriental. É unha ampla planicie ondulada, regada polo río Trent e o alto Severn e que constitúe unha zona de transición entre o macizo antigo da cadea Penina e a conca de sedimentación do Támesis. Ten unha grande importancia económica, cunha tradicional riqueza agrícola e explotación de minas de carbón.