Midway

Midway

Arquipélago de Oceanía, situado ao NO de Hawaii, no medio do Océano Pacífico (28° N - 178° O) e formado por dúas illas (5,2 km2; 453 h [estim 1995]). Descuberto en 1859, foi anexionado por EE UU en 1867. En 1942 foi escenario da Batalla de Midway.