Míguez Rodríguez, José Antonio
Profesor e tradutor. Doutorouse (1950) en Filoloxía Clásica pola Universidad Central de Madrid. En 1952 obtivo a cátedra de Lingua e Literatura española no Instituto Nacional de Ensino Medio de Betanzos (1952). Fundou e dirixiu o boletín informativo Albor e traduciu numerosas obras ao español de autores como S. Kierkegaard, A. Schopenhauer, F. W. Nietzsche, Descartes, Platón e Plotino. Entre as traducións destaca Historia del Pensamiento (1958-1968), de Jacques Chevalier, pola que recibiu o Premio Nacional de Tradución Fray Luis de León (1968). É autor de En torno al romanticismo alemán (1949), La tragedia y los trágicos griegos (1973), La comedia y los cómicos griegos (1979) e Colaboración al estudo del habla brigantina e Historia y vicisitud del periodismo brigantino (1980). Recibiu, ademais, o Premio Nacional da Delegación Provincial de Información y Turismo da Coruña (1956) e o de Colegiado Distinguido y de Honor del Colegio de Doctores y Licenciados en Filosofía y Letras y en Ciencias de Madrid (1975 e 1989).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña