Míkonos
Míkonos
Illa grega do Mar Exeo, situada no arquipélago das Cícladas (75 km2), ao SL de Tinos. De natureza granítica e rochosa, posúe un único centro de poboación, Míkonos. Habitada na Antigüidade por xonios, caeu nas mans dos persas en 499 a C, e logo formou parte, da Liga Delio-Ática (477 a C). Foi posesión dos romanos, bizantinos, venecianos e turcos ata que en 1821 foi recuperada polos gregos. Converteuse nun dos centros turísticos máis fracuentados do Mediterráneo.