Milanés, Pablo

Milanés, Pablo

Cantautor cubano. Nas súas cancións fala do amor e da patria vistos desde os seus preceptos morais e éticos, mesturados co seu humanismo e o seu criterio de ruptura con todo o establecido. A finais da década de 1960 fundou, xunto con Silvio Rodríguez e Noel Nicola, a Nueva Trova Cubana. As súas primeiras interpretacións achégano á corrente da canción cubana coñecida como feeling. Da súa discografía destacan Versos de José Martí (1973), No me pidas (1977), El guerrero (1983), Despertar (1997), co que obtivo dous premios Grammy, Los días de gloria (2000) e Pablo Querido (2002).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bayamo