Miliciano Gallego, El
Miliciano Gallego, El
Publicación que apareceu en Madrid a partir do 1 de agosto de 1936 e que cesou ao ano seguinte (nº9). Subtitulouse “Órgano del Cuarto Batallón de la Primera Brigada Mixta de Líster” e editouse para aglutinar politicamente o Batallón de Milicias Gallegas. O promotor e principal executor foi Santiago Álvarez. De contido bélico e político, incluíu prosa e poesía de colaboradores como Ramón Cabanillas e Rafael Dieste. Foi un dos tres xornais galegos publicados na zona republicana durante a Guerra Civil Española, xunto con Nova Galicia e Nueva Galicia.