Millar, Kenneth

Millar, Kenneth

Novelista estadounidense. Coñecido como Ross Mac Donald, foi un dos máis destacados representantes da novela negra, entendida tamén como denuncia contra a degradación da sociedade americana. Desenvolveu a técnica narrativa do private eye, en que presentaba os feitos a través do detective Lew Archer. Da súa produción destacan Trouble Follows me (1946), Three Roads (1948),   Experience with Evil (1953) e The Good-bye Look (1969).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Los Gatos, California

  • Deceso

    Lugar : Santa Barbara, California