Millet, Jean-François
Millet, Jean-François
Pintor francés. Nunha primeira etapa dedicouse principalmente ao retrato, como Mme Lecourtois (1845), pero unha vez instalado en Barbizon tratou o tema rural, que situaba as figuras dentro da paisaxe, nun estilo próximo ao realismo holandés. A simplicidade coa que representou a sociedade campesiña fixo que os críticos liberais considerasen a súa pintura como socialista. Destacan Le Vanneur (1848), Les Glaneuses (1857) e L’Angélus (1859).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Gruchy, Normandie -
Deceso
Lugar : Barbizon