Millikan, experimento de

Millikan, experimento de
[FÍS]

Experimento destinado a medir a carga eléctrica do electrón, realizado entre 1910 e 1916 por un equipo dirixido por R.A. Millikan. O experimento consiste esencialmente en facer caer gotas de aceite, mediante un pulverizador, no seo dun campo eléctrico. Algunhas das gotas cárganse electricamente e, se se dá ao campo eléctrico un valor apropiado, é posible equilibrar a caída. Millikan observou que os valores das cargas eléctricas das gotas son múltiplos enteiros dunha cantidade fixa, que é a carga elemental.

Palabras veciñas

Millet, Jean-François | Millia | Milliat, Alice | Millikan, experimento de | Millikan, Robert Andrews | 1 millo | 2 millo -lla