1 mina
(< fr mine)
-
s
f
-
Lugar na masa dun terreo de onde se extraen materiais combustibles ou minerais.
-
Obra subterránea realizada para aproveitar unha substancia mineral. O establecemento dunha mina require uns traballos previos de prospección e de recoñecemento da masa mineral antes de iniciar os traballos de explotación, que van encamiñados á obtención do mineral nas mellores condicións económicas. Os traballos de prospección consisten no feito de comprobar a presenza de indicios do mineral e de ter unha idea previa do seu volume explotable e da súa concentración. Ademais do interese do mercado polo mineral que se busca, a súa cantidade e a súa concentración serán os determinantes da rendibilidade da futura mina. Dado que cada mineral ten unha estimación diferente, os mínimos de cantidade e de concentración que fan que unha mina sexa rendible dependen de cada mineral en particular, como tamén das posibilidades técnicas. Polo tanto, cómpre antes unha investigación xeolóxica, acompañada dun estudo xeofísico sobre a parte non visible do xacemento; este estudo completarase con escavacións ou sondaxes para confirmar a xeofísica, calcular o volume mineral e facer as primeiras análises de concentración. Despois da prospección comezan os traballos de recoñecemento. Se a prospección resulta favorable, cómpre facer un ensaio de explotación mineira para ver as condicións en que se atopa a masa mineral e establecer o plan mineiro de explotación; este ensaio proverá tamén cantidades semiindustriais de mineral, que será sometido a un proceso de concentración para convertelo en formas comerciais e asegurar, así, a rendibilidade futura. Estes traballos, proseguirán durante toda a vida da mina, tanto para ir programando os futuros plans de explotación ou ampliación como para coñecer con precisión as reservas existentes e a súa calidade. Os traballos de explotación necesitan o establecemento dunha infraestrutura necesaria, constituída polo acceso ao mineral, vías de transporte interior, servizos -ventilación, fortificación, iluminado-, sistemas de extracción, ocasionalmente transporte do exterior, e, finalmente, a fábrica de concentración. Ao mesmo tempo, prepárase a masa de minerais que se queren obter. O proceso de explotación consta do acceso ao mineral, a obtención, a carga, o transporte interior, a extracción á superficie, a concentración do mineral e os servizos. Xeralmente, se a mina está ao mesmo nivel ou nun nivel superior ao da fábrica de concentración, o acceso ao mineral ten lugar por galería; se está nun nivel inferior, o acceso pode ser unha rampla descendente, se a profundidade non é grande, ou ben un pozo. Os traballadores e os materiais chegan á fronte de obtención a través dun transporte que se vai alongando segundo o faga o das explotacións. A obtención ten lugar con explosivos, con serras de cadea, que derruban o mineral ao escavar a raíz do piso, con minadores continuos e con martelos pneumáticos percusores ou rotatorios, que tamén serven como auxiliares en todos os sistemas de obtención. O terceiro paso no sistema de explotación é a carga. O mineral obtido na fronte de masa mineral será cargado no medio de transporte para transportalo ao exterior. O sistema de carga depende do tipo de mina. Esencialmente, nas minas horizontais o mineral permanece na mesma fronte de obtención, a terra, e ten que ser levantado e cargado; nas minas inclinadas só cómpre arrastrar o mineral cara a abaixo, e nas verticais o mineral cae directamente por gravidade no medio do transporte. O transporte interior é o encargado de levar ao exterior o mineral obtido. Está constituído por unha ou máis galerías de transporte principais ou definitivas, en que conflúen outras que proveñen das frontes de obtención. O material tractor evolucionou enormemente, desde vagonetas arrastradas por mineiros, por cabrestante e por animais, ata a tracción eléctrica e con motor diésel ou con cintas transportadoras. A extracción á superficie é directa no caso de saída por galería ou por rampla; pero constitúe unha operación á parte no caso de saída por pozo. Ésta é unha escavación vertical, habituamente cilíndrica, revestida na medida en que a seguridade o requira e o pulo da terra o permita. A concentración do mineral ten lugar nunhas instalacións industriais na superficie. Na fábrica de concentración, o mineral convértese nun concentrado coa lei do mineral, granulometría e outros requisitos esixidos polo mercado.
-
-
s
f
-
Paso subterráneo para comunicar dous lugares.
-
Escavación subterránea que se realiza para captar e conducir augas.
-
Galería escavada baixo unha fortificación para destruíla con explosivos.
-
-
s
f
[BÉL]
Artefacto bélico destinado a abater ao inimigo mediante unha explosión provocada por sorpresa. Esta explosión pode producirse por presión ou por contacto, por influencia da proximidade (magnética, acústica ou electrónica) ou a través de sistemas de control a distancia. As minas terrestres ou minas de terra, compostas por varios quilos de explosivos, adoitan empregarse en ataques contra persoas ou vehículos; exemplo disto serían os campos de minas que os enxeñeiros elaboran para dificultar o paso inimigo por zonas delimitadas. Na década de 1960 foi moi frecuente a dispersión de minas por medio de aeronaves e proxectís. Como consecuencia da irregularidade das guerras e do baixo prezo das minas, moitas delas quedaron baixo o terreo, causando numerosas vítimas con posterioridade aos conflitos armados; a dificultade para localizalas e desactivalas é importante, pois moitas están fabricadas con materiais non detectables. En canto ás minas mariñas ou minas de mar, poden darse en formato flotante, á deriva, submarinas ou poden estar ancoradas.
-
s
f
Manancial ou fonte de auga subterránea.
-
s
f
Barra de pequenas dimensións de grafito que vai no interior dun lapis.
-
s
f
-
Oficio, emprego ou negocio co que, con pouco traballo, se obtén moita ganancia.
Ex: Aquel negocio era unha mina de ouro.
-
Persoa, animal ou cousa que proporciona moito proveito ou utilidade.
Ex: Este cabalo de carreiras é unha mina de gañar diñeiro.
-