mimosáceo -a
mimosáceo -a
(< lat científico Mimosa)
-
adx
Relativo ou pertencente ás mimosáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das mimosáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de fabáceas constituída por arbustos, árbores e raramente herbáceas. As follas son xeralmente bipinnaticompostas, con estípulas foliáceas ou espiñosas, as flores son pequenas, agrupadas en espigas ou glomérulos, a miúdo unisexuais e pentámeras, de androceo haplóstomo, diplóstomo ou poliandro e de xineceo súpero, e os froitos son en legume. Son plantas tropicais e subtropicais.