mimosa
(< lat científico mimosa)
-
s
f
[PLANTA]
Nome común que reciben diversas especies da familia das mimosáceas, que se cultivan a miúdo como plantas ornamentais.
-
s
f
[PLANTA]
Arbusto perennifolio, monoico, de ata 15 m de altura, follas compostas, bipinnadas, cun gran número de folíolos un pouco pubescentes, flores hermafroditas de cor amarela formando cabezolas globosas que ao mesmo tempo se agrupan en inflorescencias en panícula e froito en legume oblongo. Florece ao final do inverno e principios da primavera a partir de xaneiro ou febreiro en bordos de camiños ou lindeiros de bosques. Habita de forma natural en toda Australia, excepto ao N, incluída a illa de Tasmania. Nalgunhas zonas da Península Ibérica, especialmente en Galicia, naturalizouse o que pode resultar ás veces unha praga, dado o seu carácter invasor, xa que despraza a vexetación natural, sobre todo despois dos incendios.
-
mimosa de tres espiñas
[PLANTA]
Árbore ou arbusto caducifolio, de ata 45 m de altura, aínda que normalmente non supera os 25 m, que presenta espiñas vermellas no seu tronco e pólas, follas alternas, pecioladas, pinnadas ou bipinnadas nos exemplares novos, flores unisexuais ou hermafroditas de pequeno tamaño e cor verde-amarelada, dispostas en acios axilares, e froito en legume de gran tamaño. Florece entre abril e maio en bordos de camiños ou soutos. Emprégase como planta ornamental en parques e xardíns. En Galicia pódense observar exemplares no Campus universitario de Santiago de Compostela e na illa de San Simón, entre outros.