mímico -ca

mímico -ca

(< lat mimĭcu < grμιμικός)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao mimo.

  2. adx

    Que expresa algunha cousa sen falar, con xestos, actitudes e accións.

  3. linguaxe mímica

    Forma básica de comunicación que se expresa a través da fisionomía e os xestos. Hai formas espontáneas de mímica (chorar ou cubrir a cara coas mans), convencionais (dicir adeus coa man) e individuais (xestos típicos do individuo). OBS: Tamén se denomina mímica.

Palabras veciñas

mimetita | mimiambo | mímica | mímico -ca | 1 mimo | mimógrafo -fa | mimosa