1 mimo

1 mimo

(< lat mīmu < gr μῐμος)

  1. s m [ESPECT/LIT]

    Comedia curta festiva e realista do teatro grego e latino. Acostumaba ter poucas escenas e poucos personaxes e non había intervención do coro. A estrutura posiblemente foi creada por Sofrón de Siracusa (s V a C). O carácter satírico que tiña entre os gregos converteuse en grotesco cos romanos. Representaba sátiras políticas, relixiosas, de costumes ou parodias literarias, con acompañamento de canto. Substituíuse posteriormente, en gran parte, pola pantomima, aínda que perviviu como unha peza de complemento.

  2. s m [ESPECT]

    Representación teatral en que o actor emprega principalmente os acenos e os movementos corporais.

  3. s m

    Actor que representa pezas teatrais mediante a arte da mímica.

    Ex: A obra foi representada polo mimo Marcel Marceau.

  4. s m

    Persoa que imita os xestos e as actitudes de outro.

    Ex: É moi frecuente atopar un mimo polas rúas de Santiago.

Refráns

  • A que non tivo acariño de avoa non sabe o que é cousa boa.
  • O que non sabe dos mimos do avó, non sabe o que é bo.

Palabras veciñas

mimiambo | mímica | mímico -ca | 1 mimo | mimógrafo -fa | mimosa | Mimosa