minnesang*
minnesang*
s
m
[LIT]
Poesía lírica cortesá propia de Alemaña (ss XII e XIII) que estaba destinada a ser recitada co acompañamento de diversos instrumentos de corda. Diferénciase da poesía amorosa dos trobadores franceses pola inserción de diversos elementos non amorosos dentro da canción. Expresaba os sentimentos e ligazóns convencionais entre o poeta e a dama, e a carón do amor, aparecían sempre o gozo e a coita que o acompañaban, a saudade, a separación e a chegada da alba (Tagelied). Distínguense o lied, poema cantado, o spruch, poema recitado, e o leich, poema cantado cunha versificación libre. É famosa unha compilación lirica coñecida como Códice de Manesses ou d.