minnesänger*
minnesänger*
s
m pl
[LIT]
Grupo de poetas alemáns dos ss XII e XIII que cultivaron o xénero poético minnesang. Aínda que se descoñece a orixe deste xénero, é evidente que os minnesänger, que pertenceron primeiro ao círculo nobiliario e que foron máis tarde eclesiásticos ou simples burgueses, recibiron a influencia da lírica trobadoresca francesa e occitana.