minorante

minorante
  1. adx e s m

    Aplícase ao elemento dun conxunto ordenado A que é menor que calquera elemento dun subconxunto B dado.

  2. adx e s f [MAT]

    Dada unha sucesión ou serie de números reais, aplícase á sucesión ou serie con termos que non son máis grandes que os respectivos da sucesión ou serie dada.

  3. minorante dunha función [MAT]

    Dada unha función, cuxos valores pertencen a un conxunto ordenado, minorante do percorrido da función.

Palabras veciñas

Miñor, El | Miñor, Fundación | minoración | minorante | minorar | minorativo -va | minoría