minoría
(< lat minor ‘menor’ + -ía)
-
s
f
-
Parte menos numerosa dun conxunto de persoas ou cousas.
Ex: Nesta clase os estranxeiros son unha minoría.
-
Parte máis pequena dos votos emitidos nunha votación.
Ex: Nas últimas eleccións houbo unha minoría de votos en branco.
-
-
[POLÍT]
-
s
f
Conxunto de votantes que quedan en inferioridade numérica e de forza nunha asemblea, parlamento ou outro tipo de reunión.
Ex: Aprobouse a proposta porque só había unha minoría que non estaba de acordo.
-
minoría nacional
Sector da poboación dun estado, nación ou outro tipo de réxime, que difire do sector numericamente maioritario ou do sector efectivamente dominante unido pola lingua, cultura, relixión ou ideoloxía. A nivel nacional, algúns estados recoñecen constitucionalmente os dereitos das minorías; a nivel internacional, tanto o dereito do mesmo nome como a Organización de Nacións Unidas (ONU) procuraron a protección destas minorías.
-
minoría parlamentaria
Conxunto de grupos de deputados constituídos como oposición e unidos por certas afinidades.
-
s
f
-
minoría de idade
[DER]
menoridade.