Minos
Minos
[MIT]
Rei mítico de Creta, fillo de Zeus e Europa e esposo de Pasífae. Obtivo o trono coa axuda do deus grego Posidón, e controlou, colonizou e limpou de piratas as illas do Exeo. Foi o representante do máximo esplendor da civilización cretense, sacerdote e lexislador, e cedeulle a Hades o papel de administrador da xustiza.