minotauro
minotauro
(< lat Minotauru < grΜινώταυρος)
s
m
[MIT]
Monstro mítico de corpo humano e cabeza de touro, nacido da unión de Pasífae, muller de Minos, co touro que o deus Posidón, a instancias do rei, lle enviara. Horrorizado pola existencia da nova criatura, Minos fixo construír o labirinto para pechalo e ofreceulle cada ano sete doncelas e sete mozos atenienses, ata que Teseo, axudado por Ariadna, o matou. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.