Minsk

Minsk

Capital de Bielorrusia e da oblast’ homónima, que está situada en ambas as dúas beiras do río Svisloč’, afluente do Berezina (1.680.000 h [1999]). É un gran centro da industria do metal e da construción, achegando unha cuarta parte da produción industrial do país. Tamén produce o 80% do téxtil de la e o 34% do calzado do estado. Pertenceu a Lituania (s XIV) e Polonia (s XV) e en 1793 pasou a Prusia. En 1919 converteuse en capital da República Socialista Soviética de Bielorrusia. Ocupada polos alemáns (1941-1944), sufriu o exterminio da poboación xudea. En 1991 converteuse na capital de Bielorrusia.