minusvalía

minusvalía

(< lat minus ‘menos’ + valía)

  1. s f [ECON]

    Diminución de valor que sofre algo.

  2. s f [PAT]

    Situación de desventaxe para un individuo determinado, consecuencia dunha deficiencia ou dunha discapacidade, que limita ou impide o desenvolvemento dun rol que é normal no seu caso, en función da súa idade, sexo e factores sociais e culturais. É, xa que logo, un fenómeno social, que representa as consecuencias sociais e ambientais que se derivan para o individuo, do feito de ter deficiencias ou discapacidades. Clasifícanse basicamente en minusvalías de orientación, de independencia física, da mobilidade, ocupacional, de integración social e de autosuficiencia económica.

Palabras veciñas

Minulescu, Ion | minúscula | minúsculo -la | minusvalía | minusválido -da | minuta | minutar