Miño, El
Miño, El
Publicación aparecida en Vigo a partir de abril de 1857. Cesou o 1 de outubro de 1868. Editouse baixo o lema “Todo por Galicia. Todo para Galicia” e foi dirixida por Xoán Compañel, propietario e impresor. Aínda que tiña periodicidade bisemanal, pasou a saír tres veces por semana (xullo de 1868). O equipo redactor foi o mesmo que o de La Oliva, ao que sucedeu cando foi suspendida por orde gobernativa (1857). Continuou a súa liña rexionalista, democrática e progresista, e desapareceu co remate da sanción, de aí que se consideren o mesmo xornal.