Miño, El

Miño, El

Diario de información xeral publicado en Ourense a partir de 21 de outubro de 1898. Cesou ao redor de 1918. Subtitulouse “Diario Liberal. Defensor de los intereses locales y regionales”. Fundouno Vicente Pérez Pérez tras a súa ruptura con V. Lamas Carvajal, pola orientación conservadora que este lle imprimira a El Eco de Ourense, co que mantivo unha clara confrontación. Tivo como directores a Vicente Romero, Francisco Álvarez de Nóvoa (1909) e Uxío López-Aydillo (1910). Defendeu os intereses galegos e serviu de escola xornalística para Vicente Risco, F. López AlonsoCuevillas e Xosé R. Fernández-Oxea.